Bases & Premios - Mostra de Curtas Noia

 

O Concello de Noia convoca a “XVIII Mostra de Curtas Vila de Noia 2017”, baixo as seguintes bases:
 
Poderán participar todas as producións profesionais e amateur de Curtametraxes de ficción e animación, realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016, que non fosen estreados comercialmente en salas públicas, DVD, vídeo ou televisión, en España. As obras a concurso deberán estar realizadas preferiblemente en galego ou castelán. As curtas realizadas noutra lingua diferente das duas anteriores, deberán incluír obrigatoriamente subtítulos en galego ou castelán.
 
Os gastos de envío correrán a cargo do participante, por tanto a organización da Mostra non se fará responsable do deterioro ou perda do envío durante o traslado. A organización subscribiu un seguro para todas aquelas obras que participen na Mostra. A organización farase cargo dos gastos orixinados pola devolución das devanditas obras.
 
Os participantes correrán coa responsabilidade dos posibles danos causados a terceiros pola proxección dos seus traballos na "Mostra de Curtas Vila de Noia". Neste sentido a organización da Mostra  desentendese de calquera responsabilidade legal na que se puido incorrer coa exhibición destes traballos.

 

Descarga en formato pdf as Bases Completas:

 

BASES DA XVIII MOSTRA DE CURTAS VILA DE NOIA 2017

 


                                                                                                                                                                                                                                                                                   


Subir